Belén do Campo supervisa os traballos de eliminación de especies exóticas na lagoa de Louro

15 Abril 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, visitou este mércores 15 de abril os traballos realizados na lagoa de Louro (Muros) incluídos dentro das actuacións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para restaurar e poñer en valor humidais de interese nas catro provincias galegas. En concreto, a actuación realizada en Muros encádrase dentro das intervencións de eliminación de especies exóticas invasoras (EEI) xa que se retiraron os afloramentos de herba da Pampa (Cortaderia selloana) que estaban máis próximos á lagoa. Ademais, levouse a cabo a sinalización de prohibición de paso na zona dunar. Na provincia da Coruña tamén está rematada outra intervención no ZEC Betanzos-Mandeo en Coirós.

A delegada da Xunta supervisou os traballos realizados de control de especies exóticas invasoras terrestres en humedais para o control desta especie, para os que se empregaron medios tanto manuais como mecánicos, en función da capacidade de acceso. Ademais, todo o material retirado levouse a un xestor autorizado para este tipo de residuos. Os traballos contaron cun orzamento de máis de 16.300 euros.

A representante do Goberno autonómico sinalou que “esta actuación de carácter global en toda Galicia dispón dun investimento de 4,65 millóns de euros que o Executivo galego destina ata o ano 2028”. Neste sentido, subliñou que este tipo de intervencións “resultan esenciais, xa que favorecen a descarbonización, permiten protexer o medio ambiente e contribúen á conservación da biodiversidade”.

Estas actuacións danlle continuidade a diferentes medidas e proxectos executados nos últimos catro anos por un importe de preto de 1,3 millóns de euros en toda Galicia e que permitiron abordar actuacións importantes para a restauración de varios hábitats dunares como os existentes no ámbito do Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Galicia conta actualmente con 646 zonas húmidas inventariadas, que suman un total de 45.141 hectáreas e albergan unha importante biodiversidade na que se inclúen taxóns ameazados e hábitats de interese prioritario.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.