Belén do Campo salienta o papel de O Gran Camiño na proxección de Galicia na etapa Carballo–Padrón

16 Abril 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou esta mañá no acto de corte de cinta da terceira etapa da volta ciclista O Gran Camiño, que uniu os concellos de Carballo e Padrón cun percorrido de 169 quilómetros e un desnivel acumulado de 2.470 metros.

Durante o acto, a representante autonómica destacou a relevancia desta proba deportiva, “xa plenamente consolidada no calendario ciclista”, subliñando que contribúe de maneira decisiva a situar Galicia “no mapa das grandes voltas ciclistas de España”.

Belén do Campo incidiu en que O Gran Camiño, creada no ano 2022, supuxo a recuperación do ciclismo profesional por etapas na comunidade, integrándose no circuíto UCI Europe Tour. Neste sentido, lembrou que a proba recolle o legado histórico da Volta a Galicia, disputada desde 1933 e pola que pasaron grandes figuras do ciclismo internacional.

Así mesmo, puxo en valor a rápida evolución da competición, que en apenas uns anos logrou atraer equipos e ciclistas de primeiro nivel mundial, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario estatal.

En relación coa etapa Carballo–Padrón, a delegada salientou a súa esixencia deportiva e o seu simbolismo territorial, ao conectar enclaves de gran tradición ciclista e cultural, ademais de reforzar a proxección turística de Galicia a través dun evento que combina deporte, patrimonio e promoción do territorio.

“A celebración de probas como esta demostra a capacidade de Galicia para organizar eventos deportivos de alto nivel, xerando actividade económica e situando a Galicia como un destino de referencia tamén no ámbito deportivo”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.