Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

14 Abril 2026

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz, puido ser unha persoa que emprega o dito barco para pasar as noites (a día de hoxe en proceso de venda) quen avisou da aparición da persoa falecida no mar. Trataríase dun home de 43 anos veciño de Ribeira pero residente en Xuño.

No dispositivo traballaron ao longo de todo o día axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, e tamén Salvamento Marítimo e os Bombeiros de Ribeira, quen foron os os que se encargaron de liberar (tras ser trasladados na lancha de Salvamento) o corpo amarrado con cadeas e cadeados. A investigación está aberta e non pode ser desbotada ningunha hipótese, nin sequera a do suicidio. Ao parecer os axentes puideron recuperar a carteira e máis o teléfono móbil da persoa falecida, o que podería despexar algunha incógnita sobre o suceso.

TVG

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.