Alberto Rodríguez inaugura a mostra “Lapis e acrílico” no Auditorio de Rianxo

13 Abril 2026

Estes días pode verse no Auditorio de Rianxo a exposición Lapis e acrílico, do artista local Alberto Rodríguez.

A mostra poderase visitar ata o 9 de maio.

Inaugurouse este venres 10 no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal.

A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a 14:00 horas e de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Alberto Rodríguez Castaño, nace en Asados o 7 de Xaneiro de 1970, no lugar da Atalaia. Desde o principio mostrou interese polo debuxo, igual que case todos os nenos cando son pequenos, aínda que, seguramente, houbo un momento no que o interese converteuse en algo máis. Durante a infancia e adolescencia seguiu sempre en contacto con esta arte, facendo, a medias, un curso a distancia de debuxo e pintura, ganando algún que outro concurso a nivel local…, ata que os estudos o levan á Coruña, onde recibe formación de artistas locais.

Nos seguintes anos compaxina o traballo no matadoiro familiar coa pintura. Participa nalgunhas exposicións colectivas con artistas locais organizadas polo Concello ou por outros grupos -como Deskarte, dirixido polo pintor de Isorna Tantino-. Na Bienal José Luís Fernández, en Boiro, a fins dos 90, obtén a mención honorífica, sendo esta unha das súas últimas presenzas tanto en concursos como en exposicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.