Aberto ata o 15 de abril o prazo para inscribirnos na Carreira BTT e na Andaina Concello de Rianxo

05 Abril 2026

O día 19 de abril celebrarase unha nova edición (a XIII) da BTT e (a IX) Andaina Concello de Rianxo. As probas contan cos diferentes modalidades adaptadas a todos os públicos e, segundo confirmou a organización, regalarán ás persoas participantes uns impresionantes percorridos polo municipio rianxeiro e pola súa contorna.

Na BTT haberá unha ruta curta de 46 quilómetros e unha ruta longa de 66.

Na Andaina o percorrido a facer é de 22 quilómetros.

As inscricións están abertas en Emesports.es. O prazo para apuntarnos estará aberto ata o 15 de abril. No caso da marcha BTT fixouse un máximo de 500 participantes.

Organizan o Concello de Rianxo (Servizo de Deportes) e máis a Peña Cicloturista Castro Barbudo.

Indicar que BTT son as siglas de Bicicleta Todo Terreo, o termo en galego para referirse ao que se coñece como MTB (Mountain Bike) ou ciclismo de montaña. É unha disciplina ciclista que se practica en terreos naturais, camiños de terra, sendeiros e roteiros de montaña.




Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.