A Xunta inviste preto de 50.000 euros en melloras na escola infantil de O Porto do Son

05 Abril 2026

A Xunta de Galicia destinará preto de 50.000 euros a obras de mellora na escola infantil pública autonómica de O Porto do Son.

O anuncio foi realizado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante unha visita ao centro na que estivo acompañada polo alcalde Luis Oujo.

As actuacións, que serán executadas polo Concello, inclúen a instalación dun novo sistema de climatización, a dotación de módulos de almacenamento, a colocación dunha nova cancela na entrada e a limpeza e pintado das fachadas exteriores.

A conselleira enmarcou esta intervención no compromiso do Goberno galego coa atención á infancia e o apoio á conciliación familiar. Neste sentido, lembrou que este é o cuarto curso consecutivo no que a educación de 0 a 3 anos é gratuíta en Galicia, tanto en centros públicos como privados ou de iniciativa social.

Segundo destacou, esta medida permitiu que Galicia lidere a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil, cun 65 %, situándose 15 puntos por riba da media estatal.

Estas melloras forman parte dun programa máis amplo impulsado pola Xunta, que investirá preto de 980.000 euros en actuacións en escolas infantís de toda Galicia, financiadas a través do Fondo de Cohesión e Transformación Social. As intervencións inclúen reformas, ampliacións, renovación de cubertas e fachadas, así como melloras no equipamento dos centros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...