A Xunta investiu máis de 475.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de cinco firmas turísticas do Barbanza

27 Abril 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este luns 27 de abril o hotel Casa Jurjo que contou cunha achega autonómica de máis de 157.000 euros dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia co que se levou a cabo un investimento total de case 175.000 euros.

Este establecemento é unha das cinco empresas turísticas da comarca do Barbanza que resultaron beneficiarias da última convocatoria que deixou máis de 475.000 euros en achegas na zona en establecementos de Mazaricos, Boiro, A Pobra, Muros e Porto do Son. Na provincia recibiron estas achegas 45 establecementos por un importe de case 3,3 millóns de euros.

Durante o percorrido, Belén do Campo puido coñecer os detalles técnicos da instalación fotovoltaica que ocupa unha superficie aproximada de 141 m² na cuberta do edificio. Esta infraestrutura está deseñada para traballar en paralelo coa rede eléctrica, permitindo que a enerxía xerada sexa consumida directamente polo propio establecemento e, no caso de excedente, inxectada á rede de distribución

A instalación conta cun total de 72 módulos fotovoltaicos, organizados en 4 strings de 18 módulos cada un, acadando unha potencia pico total de 30,06 kW. Estímase que o sistema permite un autoconsumo do 47,53% da enerxía producida, contribuíndo así a unha redución significativa do consumo eléctrico convencional e das emisións asociadas.

Ademais, tamén comprobou o funcionamento da nova bomba de calor xeotérmica, tamén adquirida con esta axudas, para cubrir a demanda de calefacción e ACS tanto nas habitacións como nos espazos comúns do edificio que lle permite un aforro de enerxía primaria non renovable do 30%.

A delegada destacou a importancia deste tipo de actuacións, que, dixo, “combinan innovación, eficiencia enerxética e compromiso ambiental, ao tempo que reforzan a competitividade do tecido empresarial local grazas ao apoio da Xunta de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...