A Xunta estende o horario dos PAC aos sábados pola mañá e reforza o servizo con 211 novas prazas

27 Abril 2026

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia o decreto que amplía o horario dos puntos de atención continuada (PAC), que pasarán a prestar servizo tamén durante as mañás dos sábados co obxectivo de reforzar a continuidade asistencial na atención primaria.

Coa entrada en vigor desta modificación, os PAC funcionarán de luns a venres desde as 15.00 ata as 08.00 horas do día seguinte, mentres que os sábados, domingos e festivos ofrecerán atención as 24 horas.

A medida irá acompañada dun reforzo de persoal que suporá a creación de 211 novas prazas ata o ano 2028: 100 de médicos, 80 de enfermaría e 31 de persoal de xestión e servizos. O investimento previsto para este período ascende a máis de 10,3 millóns de euros.

No presente ano 2026 incorporaranse 77 destas prazas, mentres que 69 se sumarán en 2027 e outras 65 en 2028, completando así o reforzo progresivo do servizo.

A reforma normativa, que modifica o decreto de 1995 sobre o plan de urxencias extrahospitalarias, busca tamén dar cobertura legal á atención que xa se viña prestando de facto nas mañás dos sábados, garantindo así maior seguridade xurídica e unha mellor organización da asistencia sanitaria.

Ademais, a ampliación do horario está vinculada a melloras laborais e retributivas para o persoal dos PAC, acordadas cos sindicatos na Mesa Sectorial de Sanidade. Entre elas destaca un incremento progresivo das retribucións por xornada complementaria —do 15,36 % no caso do persoal facultativo e do 22,62 % en enfermaría—, así como a implantación dun sistema incentivado de voluntariedade para cubrir as gardas.

A medida tamén se enmarca na redución progresiva da xornada laboral ordinaria do persoal sanitario e na mellora das condicións de traballo, ao tempo que busca garantir unha atención de urxencias máis accesible e continua para a cidadanía.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...