“A Universidade Compostelá ten unha raíña ao leme após máis de 500 anos de vida” – Antón Luaces

11 Abril 2026

Desde este venres a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten ao seu leme as mans dunha muller, a primeira que decide -xunto os seus compañeiros de reitorado- o presente e o futuro desta fundamental institución, que xurou o cargo nun acto no que estiveron asimesmo presentes os reitores das universidades irmáns de Vigo (UVigo) e A Coruña (UDC) e que presidiu o titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. 

Coma principais obxectivos da nova responsable da USC figuran a construción  dunha nova universidade “que avance e innove” e “afortalar” os campus de Compostela e Lugo. A ribeirense, porque “non pode existir excelencia académica sen unha atención axeitada ás condicións vitais e sociais” do estudantado.

Traballar desde a responsabilidade é o seu compromiso e que a USC sexa a institución pública galega “de máxima excelencia académica” un obxectivo a cumprir para a facer “máis feminista e inclusiva” mantendo firme o seu compromiso con Galicia, o país ao que “pertence e serve”. Salientou o feito de que por vez primeira unha muller chegara ao cargo reitora e reivindicou que tal conquista permita o afianzamento dunha universidade plenamente democrática: “viva, aberta”, con maior financiamento e aposta polo diálogo e a coordinación coas outras dúas universidades galegas.

Rosa María Crujeiras Casais naceu en  Ribeira no ano 1978. É catedrática de Estatística e Investigación Operativa. Sucede no cargo a Antonio López Díaz. É a reitora número 173 da institución universitaria galega máis antiga: 531 anos. É o momento de derrubar os teitos de cristal. Para que isto sexa unha realidade tanxible non deben faltar financiamento, diálogo e coordinación coas outras dúas institucións universitarias galegas.

Afeita a ollar o mar cada día, que nunca falle, reitora, o leme do barco do coñecemento en Galicia.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.