A Secretaría da Lingua publica as datas de realización dos exames para a obtención do CELGA

30 Abril 2026

A Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua, publicou no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega (certificados CELGA) e que se celebrarán entre o 10 e o 31 de maio en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán facerse tamén en Madrid.

Trátase da primeira convocatoria que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude efectúa este 2026, centrada neste caso nas probas correspondentes aos niveis CELGA máis solicitados, o 2, o 3 e o 4.

O obxectivo da Secretaría Xeral é “seguir favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua materna, impulsando o interese por el”.

Deste xeito, no caso das probas para a obtención do CELGA 4, a convocatoria estableceuse para os días 23 e 24 de maio tanto en Santiago de Compostela, como en Ponferrada e Madrid. Pola súa banda, as datas das probas dos niveis 3 e 2 quedaron fixadas para os días 30 e 31 de maio, respectivamente, nas tres cidades. No caso, do grao 1, será só en Santiago de Compostela o 6 de xuño.

As listaxes definitivas das persoas solicitantes admitidas en cada unha das probas poden ser consultadas no Portal da Lingua Galega. En todas elas, a hora de comezo dos exames será ás 9,00 horas. No caso de Santiago de Compostela, realizaranse no instituto Antón Fraguas para os niveis 4, 3 e 2, mentres que para o CELGA 1 será na Escola Galega de Administración Pública. En Ponferrada, celebraranse as probas na Escola Oficial de Idiomas, mentres que en Madrid os exames serán na Casa de Galicia.

A Secretaría da Lingua busca así “promover a lingua e a cultura galegas e achegala a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación”.

No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola lingua, a Administración Autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñíbeis para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...