A Pobra reivindica a memoria histórica con varios actos conmemorativos

06 Abril 2026

Ao abeiro do compromiso local e municipal coa honra da memoria das vítimas da represión franquista e reivindicar a recuperación da memoria democrática, o Concello da Pobra do Caramiñal colabora con varios dos actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza no marco do Día da República, conmemorado o 14 de abril.

O primeiro terá lugar este venres, 10 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio da Pobra do Caramiñal, coa presentación do libro Manuel Hermo Vidal, unha vida mutilada, obra do investigador José Antonio Pérez Fernández. A publicación recolle a traxectoria vital de Manuel Hermo Vidal, quen foi rexedor da Pobra e que foi apresado tras o estalido da Guerra Civil e posteriormente fusilado en Boisaca.

No acto participarán o propio autor, José Antonio Pérez Fernández; a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo; e a fiscal delegada en materia de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial da Coruña, Mª Encarnación Mayán Santos.

Nomeamento de honra

O domingo, 12 de abril, ás 12.00 horas, terá lugar no Confurco (Lousame) o nomeamento de José Antonio Pérez Fernández como republicano de honra. Durante o acto procederase á lectura do poema de Eme Cartea, contará con actuacións musicais a cargo de Aldara, Sara e Bernal, e rematará cunha ofrenda floral en lembranza das vítimas.

Posteriormente, ás 14.30 horas, celebrarase un xantar de confraternidade con entrada libre ata completar aforo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.