A Pobra reivindica a memoria histórica con varios actos conmemorativos

07 Abril 2026

No marco de continuar co seu compromiso coa honra da memoria das vítimas da represión franquista e reivindicar a recuperación da memoria democrática, o Concello da Pobra do Caramiñal colabora con varios dos actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza no marco do Día da República, conmemorado o 14 de abril.

Este 7 de abril celebrouse a presentación deste compendio de eventos conmemorativos no que participaron a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo e o autor do libro, José Antonio Pérez Fernández. Tamén estiveron presentes Carlos Cimadevila Álvarez e Xan Hermida, en representación da comisión de Memoria Histórica do Barbanza

O primeiro dos actos organizamos terá lugar este venres, 10 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio da Pobra do Caramiñal, coa presentación do libro Manuel Hermo Vidal, unha vida mutilada, obra do investigador José Antonio Pérez Fernández. A publicación recolle a traxectoria vital de Manuel Hermo Vidal, quen foi rexedor da Pobra e que foi apresado tras o estalido da Guerra Civil e posteriormente fusilado en Boisaca.

No acto participarán o propio autor, José Antonio Pérez Fernández; a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo; e a fiscal delegada en materia de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial da Coruña, Mª Encarnación Mayán Santos.

Nomeamento de honra

O domingo, 12 de abril, ás 12.00 horas, terá lugar no Confurco (Lousame) o nomeamento de José Antonio Pérez Fernández como republicano de honra. Durante o acto procederase á lectura do poema de Eme Cartea, contará con actuacións musicais a cargo de Aldara, Sara e Bernal, e rematará cunha ofrenda floral en lembranza das vítimas.

Posteriormente, ás 14.30 horas, celebrarase un xantar de confraternidade con entrada libre ata completar aforo.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.