A Pobra acollerá un obradoiro de cerámica para achegar a artesanía local á veciñanza

01 Abril 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acollerá o vindeiro 8 de abril un obradoiro de cerámica impartido pola artesá Loaira Pérez, do Obradoiro Raposiñas.

O taller, aberto a todos os públicos, desenvolverase en dúas quendas, ás 17.00 e ás 18.30 horas, cunha capacidade limitada de 10 persoas por sesión, o que permitirá unha experiencia próxima e personalizada.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a comercial@raposinhas.com ata completar as prazas dispoñibles.

Esta actividade forma parte da programación dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa que ten como obxectivo dar visibilidade aos talleres locais e dinamizar os centros culturais da comarca.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.