A Pobra acollerá a X Gala do Certame de Curtas Alberto Romero o 25 de abril

04 Abril 2026

O municipio da A Pobra do Caramiñal será escenario da X Gala do Certame de Curtas Alberto Romero, que se celebrará o vindeiro 25 de abril no Teatro Cine Elma.

O evento incluirá a entrega de premios ás curtas galardoadas e a proxección das obras premiadas, nunha velada que combinará cine, música e humor. A gala estará presentada por Vanesa Ordóñez e Emilio Palmeira, e contará coas actuacións de Thais Suki, Helena Figueiras, José Andrés Mariño, Juan Ciego e Daniel Martís, ademais de convidados sorpresa.

A gala poderá seguirse en directo a través de Canal Barbanza e tamén na páxina de Facebook da Asociación Alberto Romero.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou que é “todo un orgullo” acoller esta cita “no ano no que se cumpre unha década dende a primeira edición”, subliñando o crecente recoñecemento do certame. Así mesmo, animou á veciñanza a participar nunha iniciativa que “pon en valor o talento audiovisual e a memoria dunha figura moi querida na comarca”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.