A mostra EmpoderArte de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal

18 Abril 2026

Un grupo de persoas usuarias do Centro de Día da A Pobra do Caramiñal visitou esta semana a terceira edición da exposición EmpoderArte, que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, ata o vindeiro 25 de abril.

Durante a súa estadía nas instalacións culturais, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Ana Barreiro, quen participou na visita para dar a coñecer o traballo das 46 artistas participantes. A exposición reúne tanto creadoras noveis como consagradas, procedentes de Ribeira, da súa contorna e doutros puntos de Galicia, todas elas cunha vinculación estreita coa localidade.

Desde a organización destacan que as visitas grupais se adaptan ao perfil das persoas asistentes, facilitando así unha experiencia máis accesible e enriquecedora. Neste sentido, en días pasados tamén participou un grupo da asociación Agadea de Ribeira.

A mostra EmpoderArte caracterízase polo seu carácter colectivo e pola ampla variedade de disciplinas representadas, entre as que se inclúen pintura, debuxo, gravado, artesanía, fotografía, escultura e outras expresións artísticas contemporáneas.

As visitas poden realizarse de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, mentres que os sábados permanece aberta de 10.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.