Recibirán esta distinción hoxe, luns, após que a mesa do Parlamento acordara, por unanimidade, tal concesión vai 30 anos.
As deputadas da IV Lexislatura participaran na Conferencia Mundial da Muller celebrada en Beijing. A mesma distinción serálle entregada á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro.
María Xosé Ares Casal, María Teresa Fernández Piñeiro, Pilar Pedrosa González de Castejón, María Fernanda Cerviño Villaverde, Elsa Madarro González, do Grupo Popular; María Xosé Porteiro García, María Antonia Álvarez Yáñez,,do Grupo Socialista; e María Pilar García Negro e Olaia Fernández Davila, do Grupo do Bloque Nacionalista Galego, son as deputadas da IV Lexislatura que participaron na devandita Conferencia, a maioría delas pertencentes á primeira Comisión Parlamentar para a Igualdade dos Dereitos das Mulleres.
O acto cadra coa celebración asimesmo do aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia e supón o recoñecemento ao seu labor pioneiro e o compromiso a prol das políticas de jgualdade.
Esta Medalla do Parlamento de Galicia entregáraselle anteriormente aos expresidentes e expresidentas da Cámara autonómica en 2016; á Comisión dos 16, autores do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, en 2017; a Cáritas Diocesana, COGAMI e Aldeas Infantís SOS (2018) e á emigración galega (entregada aos 14 centros e entidades que integran a Comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, coma lexítimos representantes do conxunto da emigración galega de todos os tempos, na edición de 2019).
En 2021 a Medalla do Parlamento fóralle entregada ás fundaciñions que perpetúan o legado da Xeración Nós- Dn 2022 recoñecéuse o labor das institucións estatutarias Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello da Cultura Galega pola súa contribución ao afianzamento do autogoberno. En 2023 foi concedida á cooperación transfronteiriza entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal. A Real Academia Galega de Belas Artes , a Afundación-Obra Social ABANCA e o catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares, foron distinguidos coa mesma medalla.



