A investigación oncolóxica, protagonista nos Premios Ramiro Carregal celebrados en Santiago

30 Abril 2026

Os Premios Ramiro Carregal reivindican a investigación como clave no avance contra o cancro

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago acolleu este xoves 30 de abril a gala de entrega dos Premios Internacionais de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal, que na súa décimo cuarta edición puxeron o foco na investigación como o principal camiño para mellorar o diagnóstico e tratamento do cancro.

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago deu acubillo este xoves 30 de abril, a gala de entrega do XIV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, ao doutor Emilio Alba Conejo e do VII Premio a Talentos Emerxentes á doutora Patricia Altea Manzano. Este galardón incrementou a súa contía nesta edición, polo que o proxecto da doutora Altea recibe 15.000 euros.

Ramiro Carregal coa alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro o tenete de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño e o concelleiro popular Ramón José Doval Sampedro

O acto estivo presidido polo xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen quixo acompañar, unha vez máis, o empresario e mecenas Ramiro Carregal, fundador da empresa FRINSA con sede en Ribeira, quen destacou o percorrido desta iniciativa. “Nestes case 15 anos quixemos recoñecer os máis destacados investigadores dunha enfermidade que segue provocando moita dor, pero que, cada vez, cúrase máis. E iso é grazas á ciencia, aos investigadores e médicos que traballan cada día para mellorar a sanidade e a saúde de todos”, sinalou.

O presidente executivo do xurado, o doutor Rafael López, agradeceu a Ramiro Carregal o seu compromiso con este premio Internacional e felicitou os galardoados por incorporarse a unha longa lista de médicos e investigadores que están a contribuír a cambiar radicalmente a abordaxe do cancro. O doutor López foi o encargado de ler o fallo do xurado que outorgou o VII Premio Talentos Emerxentes á doutora Patricia Altea, científica titular de Organismos Públicos de Investigación do Centro Andaluz de Bioloxía Molecular e Medicamento Rexenerativo (CABIMER), e o XIV Premio Internacional ao doutor Emilio Alba, catedrático de Oncoloxía da Universidade de Málaga, investigador principal do Grupo de Investigación Clínica e Translacional en Cancro de IBIMA e director científico da Fundación CITAC (Centro de Investigación e Terapias Avanzadas do Cancro).

A alcaldesa de Ribeira María Sampedro acompañada da reitora da USC a ribeirense Rosa Crujeira e membros da corporación local

Agradecemento de Emilio Alba

No seu discurso de agradecemento, o doutor Alba destacou a “impresionante” evolución da oncoloxía desde que iniciou a súa actividade nos anos 80, cando os pacientes eran diagnosticados con medios radiolóxicos que hoxe poderían resultar rudimentarios, as cirurxías eran moi agresivas, a radioterapia moi imprecisa “e só dispuñamos de algo máis dunha decena de fármacos con verdadeira actividade contra a enfermidade tumoral”.

Desde entón, sinalou, o coñecemento biolóxico sobre o cancro “medrou de forma exponencial” permitindo métodos de diagnóstico moi precisos e sensibles, cirurxías moi eficaces e pouco invasivas, novas técnicas de radioterapia con moita menos toxicidade e tratamentos como terapias antidiana (medicina de precisión) ou inmunoterapia.

“O resultado final”, dixo, “foi que a supervivencia do cancro practicamente dobrouse nas tres últimas décadas pasando do 30 ao 60%”, explicou o premiado, quen lembrou que o obxectivo marcado pola Comisión Europea é lograr unha supervivencia do 70% en 2030. “Obxectivo ambicioso pero que debemos tentar conseguir”, subliñou.

Intervención de Patricia Altea

A investigadora Patricia Altea quixo aproveitar a súa intervención para lanzar unha mensaxe ás novas xeracións: “Sei que este camiño pode parecer difícil, mesmo inalcanzábel ás veces. Pero tamén sei que, con motivación, esforzo e paixón, é posible percorrelo. Non só para alcanzar metas persoais ou recoñecementos como este, senón para formar parte de algo moito máis importante: contribuír a facer da nosa sociedade un mundo mellor”.

A premiada explicou que o seu camiño na investigación comezou “cunha pregunta moi sinxela: entender o cancro”. Co tempo, comprobou que non se trataba só de entender a enfermidade, “senón de contribuír, aínda que sexa un pouco, a cambiar a vida das persoas”. Un camiño que a levou por diferentes etapas, países e laboratorios, pero do que aínda queda moito por percorrer. Finalmente, agradeceu a Rafael López, pola súa implicación nestes premios e polo seu extraordinario labor no campo da oncoloxía. “É un referente para min e unha inspiración para moitos de nós”, sinalou.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicitou os premiados, así como a todas as persoas que contribúen ao avance da sociedade, especialmente ao empresario Ramiro Carregal polo seu exemplo de mecenado e implicación. Entre os asistentes estaban, ademais dos membros do Xurado, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; varios representantes das corporacións locais de Santiago e Ribeira entre eles o concelleiro, Vicente Mariño; a nova reitora da USC, a ribeirense Rosa Crujeiras; os membros do Xurado que outorga este premio, así como numerosas personalidades do ámbito académico, sanitario e institucional de Galicia.

Ramiro Carregal acompañado do Presidente Alfonso Rueda, entrega o recoñecemento do galardón que leva o seu nome

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.