A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira consolídase como referente formativo con máis de 100 alumnos

02 Abril 2026

A Escola de Formación Náutico-Pesqueira de Ribeira reafírmase como un dos principais referentes na formación marítima en Galicia, cun total de 105 persoas matriculadas no presente curso académico.

Así o destacou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, durante unha visita ao centro na que puxo en valor o papel clave da formación especializada para garantir a competitividade, a sustentabilidade e a remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro.

Durante o percorrido polas instalacións, a responsable autonómica coñeceu de primeira man os programas formativos e os recursos do centro, que conta desde hai semanas cun novo equipo directivo. A visita serviu tamén para intercambiar impresións sobre os retos e oportunidades dun sector estratéxico para Galicia.

No encontro, a Consellería do Mar reafirmou a súa aposta pola capacitación profesional en ámbitos como a navegación, a seguridade marítima, a acuicultura e a xestión sostible dos recursos mariños. Para este ano 2026, o departamento autonómico destina 12,4 millóns de euros á formación náutico-pesqueira.

No conxunto dos centros dependentes da Consellería impártense ciclos superiores como Pesca de Altura e Acuicultura, así como ciclos medios de Pesca de Litoral, Cultivos Acuícolas e Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas. Actualmente, suman 474 persoas matriculadas, das que o 12,86 % son mulleres. Ao remate do curso, prevese a incorporación de 185 novos profesionais ao sector.

Desde 2008, a Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira acumula 1.740 alumnos na formación regrada, consolidando o seu papel como motor de desenvolvemento económico e social tanto para a comarca do Barbanza como para o conxunto de Galicia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.