A Deputación eleva o Plan Único a 153 millóns e reforza o financiamento dos concellos

29 Abril 2026

O Plan Único 2026 da Deputación da Coruña alcanza os 153 millóns de euros e supera xa nun 11% ao do ano pasado

O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha ampliación de 65 millóns de euros para o Plan Único (POS+2026), elevando o investimento total ata os 153 millóns, fronte aos 88 millóns consignados inicialmente. A cifra supón un incremento de preto do 11% respecto aos 138 millóns mobilizados en 2025.

Deputacion da Coruña Anagrama

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou que este programa “é a mellor ferramenta que teñen os concellos para garantir servizos, investir e planificar con estabilidade”, especialmente nun contexto marcado pola inflación, o encarecemento da enerxía e o aumento dos custos dos servizos públicos.

O POS+ consolídase así como o principal instrumento de cooperación municipal en Galicia, cun modelo baseado nun reparto “obxectivo, transparente e equitativo” entre os 93 concellos da provincia. Ademais, son os propios municipios os que deciden en que investir os fondos, en función das súas necesidades.

O plan permite financiar desde obras e infraestruturas ata programas sociais, culturais ou ambientais, aínda que a Deputación destaca tamén o seu papel clave no sostemento de servizos básicos como o alumeado público, a limpeza, o mantemento das vías ou a atención social.

Segundo Formoso, “sen este apoio, moitos concellos terían dificultades para manter o nivel actual de servizos”, polo que a institución provincial está a realizar “un esforzo extraordinario” para responder ás necesidades municipais.

Reparto por comarcas

O investimento distribúese de maneira equilibrada en todo o territorio. Na comarca da Coruña supera os 36,2 millóns de euros, mentres que na de Santiago acada os 43,1 millóns, sendo a maior dotación. En Ferrolterra, Eume e Ortegal sitúase por riba dos 28,6 millóns, e en Bergantiños e Costa da Morte supera os 26,3 millóns.

No caso do Barbanza, o Plan Único mobiliza 18,6 millóns de euros, reforzando a capacidade dos concellos para mellorar servizos e impulsar o desenvolvemento local.

O presidente provincial concluíu subliñando que este modelo “garante igualdade territorial e responde ás necesidades reais da cidadanía”, ao tempo que reclamou un maior financiamento municipal por parte doutras administracións.

ComarcasPOS + inicial/ 2026POS+ AD2/2026TOTAL POS + 2026
A Coruña20.180.578,4616.063.590,4736.244.168,93
Santiago25.305.801,3717.833.699,6543.139.501,02
Bergantiños15.250.837,4311.066.759,5526.317.596,98
Ferrol16.175.520,4812.441.647,7328.617.168,21
Barbanza11.087.262,267.594.302,6018.681.564,86
Total88.000.000,0065.000.000,00153.000.000,00

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...