A Deputación destina preto de 800 000 euros para financiar o persoal de 54 oficinas de turismo

10 Abril 2026

A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con financiamento para sufragar os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio.

A Oficina de Turismo da Pobra e sede de Barbanza Arousa

O investimento total mobilizado pola institución provincial ascende a 795 217,43 euros. Estas axudas están destinadas especificamente a municipios de menos de 50 000 habitantes, asegurando que as localidades con menores recursos poidan ofrecer un servizo de atención ao visitante de calidade e profesional.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que este investimento “é clave para consolidar a provincia como un destino turístico sustentábel e ben xestionado”. Segundo Regueira, “o persoal técnico das oficinas é o primeiro contacto que o viaxeiro ten co noso territorio; o seu traballo é fundamental para poñer en valor o patrimonio, a gastronomía e a paisaxe dos nosos concellos”.

Engadiu que “o programa de subvencións responde a un compromiso coa equidade territorial, o que é especialmente importante nos concellos máis pequenos, que poderán manter equipos cualificados sen comprometer os seus orzamentos”.

As subvencións cobren desde a contratación directa de técnicos ata a externalización de servizos de información, garantindo que os puntos de atención —moitos deles situados en enclaves estratéxicos como o Camiño de Santiago, as Fragas do Eume ou a Costa da Morte— permanezan operativos e atendidos por profesionais.

No Barbanza e Sar

Concello da Pobra do Caramiñal

18 387,75 €

Concello de Boiro

19 195,72 €

Concello de Carnota

17 348,94 €

Concello de Muros

17 695,21 €

Concello de Noia

15 963,86 €

Concello de Outes

12 705,00 €

Concello de Padrón

18 089,50 €

Concello de Porto do Son

15 386,74 €

Concello de Rianxo

15 848,44 €

Concello de Ribeira

20 000,00 €

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.