A Deputación dá o visto e prace ao proxecto para ampliar o saneamento en Tronco (Rianxo)

30 Abril 2026

O Concello de Rianxo informou que a Deputación da Coruña vén de dar o visto e prace definitivo ao proxecto para ampliar a rede de saneamento no lugar de Tronco.

Esta aprobación súmase, hai unhas semanas, á autorización da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, a proposta do Servizo de Litoral.

Segundo informou o alcalde Julián Bustelo, “agora que o ente provincial referendou o proxecto iniciamos a proceso de licitación da obra”.

A actuación conta cun orzamento de 208.785,50€ e permitirá conectar á rede municipal 15 vivendas do lugar e o camping.

O alcalde valorou o destacado de noticia despois de “moito tempo agardando por ela”.

Engadiu que estamos ante un proxecto destinado a mellorar as infraestruturas locais e dos núcleos do concello mediante unha instalación de bombeo que acabaría beneficiando a dúas ducias de vivendas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.