A Consellería do Mar comproba in situ o proceso de transformación da Confraría de Lira

10 Abril 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este venres 10 de abril a sede da Confraría de Lira (Carnota), onde avaliou o impacto das axudas para a modernización de equipamentos pesqueiros portuarios que, nos últimos seis anos, superaron os 900.000 euros para esta entidade. Suárez cualificou o dito impacto de “positivo”.

Suárez dixo que “o esforzo investidor da Consellería do Mar permitiulle ao pósito carnotán realizar importantes investimentos como a adquisición dunha unidade de xestión de pesada e etiquetado para facilitar o traballo diario de recollida de datos de polbo e outras especies; a mellora da eficiencia enerxética da lonxa, así como da calidade dos produtos desembarcados coa incorporación de contedores isotermos para o almacenamento; a compra doutros equipamentos ou a renovación das luminarias e das cámaras de conxelación, entre outras actuacións”.

No transcurso do encontro, tamén se puxo en valor que, para o bienio 2026-2027, a Xunta destinará na orde publicada en xaneiro máis de 10 millóns de euros: unha dotación económica que estará cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e que incorpora como novidade a posibilidade de solicitar anticipos ou pagos a conta dun xeito máis sinxelo, “o que permite unha execución máis áxil”, salientou Suárez.

A directora xeral puxo en valor estes apoios, “pois”, dixo, “amosan o compromiso do Goberno galego co sector pesqueiro artesanal, ao permitir a modernización das infraestruturas e mellorar as condicións de traballo dos profesionais do mar”. Por tanto, son investimentos, engadiu, “que contribúen a incrementar a competitividade da frota, a garantir a sustentabilidade da actividade e a reforzar a seguridade nas tarefas diarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.