A campaña do polbo péchase con cifras históricas e dá paso a un novo plan máis sostible

26 Abril 2026

A Xunta de Galicia e o sector pesqueiro acordaron o novo plan experimental de xestión do polbo para a campaña 2026-2027, tras pechar unha tempada con resultados especialmente positivos: case 1.327 toneladas descargadas e unha facturación de 14,75 millóns de euros nos portos galegos.

A actual campaña rematará ás 23.59 horas do 1 de maio, momento no que comezará unha veda biolóxica de dous meses —maio e xuño— co obxectivo de favorecer a reprodución da especie e garantir a súa sustentabilidade. Durante este período quedará prohibida calquera actividade relacionada coa captura, transporte ou comercialización do polbo, e as embarcacións deberán retirar as nasas do mar.

Os datos da campaña 2025-2026 confirman a recuperación do recurso e o impacto positivo das medidas adoptadas nos últimos anos. As cifras superan amplamente as da tempada anterior, na que se rexistraran 1.116 toneladas e 11,4 millóns de euros en vendas, evidenciando unha mellora tanto en volume como en rendibilidade.

Como principal novidade, o novo plan introduce por primeira vez a limitación da pesca accesoria, unha medida considerada clave para reforzar a protección do recurso e asegurar unha explotación máis controlada e sostible.

Xunta

A nova campaña arrancará o 1 de xullo mantendo criterios básicos como o peso mínimo de 1 quilo por peza. Ademais, establécense dous períodos con diferentes cotas de captura para evitar a saturación do mercado: durante xullo e agosto, o límite será de 35 quilos por embarcación e día, ampliables en función da tripulación ata un máximo de 240 quilos; a partir de setembro, a cota ascenderá a 55 quilos por barco, cun tope de 380 quilos diarios.

En canto aos horarios, a actividade extractiva desenvolverase entre as 06.00 e as 16.00 horas, aínda que se permitirá a saída a faenar desde as 05.00.

Desde a Consellería do Mar destacan que este acordo reforza a colaboración co sector e consolida un modelo de xestión que busca equilibrar a rendibilidade económica coa conservación dos recursos mariños.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.