A Biblioteca de Muros celebra o Día do Libro cun contacontos familiar a cargo de Aida Cobas, este venres ás 18h

24 Abril 2026

A Biblioteca Municipal de Muros acolle este venres 24 de abril ás 18.00 horas unha actividade especial con motivo do Día do Libro, co contacontos Cantaruxa Catuxa, a cargo de Aida Cobas.

A proposta está dirixida a público familiar a partir de 3 anos e presenta a historia de Catuxa, unha nena que pasa moito tempo coa súa avoa Adolfina, unha muller que vive a música con alegría e espontaneidade. A través dun xogo de procura do tesouro no faiado, Catuxa irá superando diferentes probas relacionadas co canto e coa percusión tradicional, nunha experiencia lúdica que promove a participación e a creatividade.

O espectáculo, cunha duración aproximada de 45 minutos, combina narración oral, música e interacción co público, convidando ás crianzas a descubrir o valor da expresión artística e da tradición oral.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de celebrar o Día do Libro con actividades para os máis pequenos: “É fundamental fomentar o gusto pola lectura e pola cultura desde idades temperás, e propostas como esta permiten achegar a literatura e a música ás familias dun xeito divertido e participativo”.

A actividade enmárcase no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia e contará con entrada libre ata completar aforo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...