A ARE lanza unha campaña para dinamizar o comercio local de Rianxo a través do xogo e a participación cidadá: PremiARE

10 Abril 2026

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) pon en marcha a campaña PremiARE, unha nova acción de dinamización comercial que en palabras da entidade empresarial “combina consumo no comercio local cunha proposta lúdica e participativa dirixida á cidadanía”. A campaña levarase a cabo entre o 13 e o 22 de abril, período durante o cal as persoas que realicen compras nos establecementos asociados poderán gardar os seus tíckets, necesarios para participar na actividade principal.

O 22 de abril, a praza do Concello acollerá un xogo presencial aberto ao público, baseado nun panel temático de primavera decorado con flores. Cada participante poderá escoller flores de forma progresiva, que agochan preguntas relacionadas con Rianxo e o seu tecido comercial.

A ARE sinalal que a dinámica estrutúrase por niveis: por cada resposta correcta, a persoa participante avanza e obtén premios, podendo decidir en determinados momentos se continuar ou retirarse cos agasallos acumulados. A partir dun determinado nivel, o xogo incorpora tamén un compoñente de risco, xa que un erro pode implicar a perda dos premios.

Entre os agasallos inclúense produtos promocionais como bolsas reutilizábeis, botellas, cuncas ou mochilas, así como vales de compra para gastar nos establecementos locais, reforzando así o impacto da campaña no comercio de proximidade.

Como complemento á actividade presencial, a campaña contará tamén cunha dinámica participativa nas redes sociais da ARE, na que se lanzarán preguntas relacionadas co comercio e coa realidade local. As persoas participantes poderán responder a través da páxina web da patronal rianxeira e optar a pequenos premios.

Como dixemos, esta iniciativa ten como obxectivo “incentivar o consumo no comercio local, dinamizar o espazo público e reforzar o vínculo entre a veciñanza e os negocios da vila, poñendo en valor o papel do comercio de proximidade na economía e na vida social de Rianxo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.