A AECC Ribeira organiza o 18 de abril unha gala-cea solidaria

06 Abril 2026

A AECC Ribeira (delegación en Santa Uxía da Asociación Española contra o Cancro) vai celebrar o vindeiro 18 de abril unha gala-cea solidaria para recadar fondos a prol da investigación e para a mellora da calidade de vida das persoas que sofren cancro. A gala celebrarase ás 20.30 horas e a cea ás 22.00 horas, no salón de eventos do Restaurante Chicolino. O prezo será de 50 euros e as entradas poden adquirirse na sede da AECC Ribeira no nº1 da rúa Estatuto. Haberá autobuses e sorpresas, segundo confirman dende a organización. Colabora o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.