A ABE acolle este venres a presentación do libro “Mans que teceron futuro”

06 Abril 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o autor Antón Rodríguez Gallardo presentan esta semana o libro Mans que teceron futuro, unha obra que recolle a historia e as traxectorias de mulleres de Boiro que contribuíron ao desenvolvemento económico e social do municipio. A cita será o venres 10 de abril ás 20.30 horas no salón de actos da ABE, en Boiro. Interveñen Antón Rodríguez Gallardo, autor; Daniel García, presidente da ABE; Tania Riveiro Rodríguez, profesora da área de didáctica das ciencias sociais da USC; e María Xesús Blanco López, presidenta da Asociación Cultural Barbantia,

O acto incluirá un peche musical a cargo de Andhrea & the Black Cats.

A ABE participa neste proxecto mediante o patrocinio dunha edición especial da publicación, reforzando así o seu compromiso coa posta en valor do papel das mulleres no desenvolvemento empresarial e social de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.