Xa na rúa o número dobre da edición impresa de ” O Barbanza” dedicada á Semana Santa e o turismo

27 Marzo 2026

Como cada mes sae un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”  correspondente o mes de marzo,

Esta edición é dobre , os números 85 e 86, e está xa en distribución de balde en toda a comarca e recolle unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial informacións e programación das actividades de lecer de Semana Santa.

Coma sempre reportaxes sobre turismo, a cultura, as letras e a historia recollendo os actos conmemorativos dos 120 anos do título de Cidade de Ribeira e o das imaxes da Semana Santa en Ribeira e o altar maior entre outos completan este número de “O Barbanza” de primavera que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares.

Amais do seu formato físico poden descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas para pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos leitores que no último mes superaron a media de 3.500 usuarios únicos/día con xornadas que superan os 5.700 usuarios/día, e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas.

Coma sempre xa saben que poden mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal. Grazas polo apoio e a difusión.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...