Vero Rilo e Santi Cribeiro regresan ao tempo das lavandeiras este venres no Centro Social de Abanqueiro

18 Marzo 2026

A contadora e escritora Vero Rilo e o músico Santi Cribeiro estarán este venres 20 de marzo en Boiro, no Centro Social de Abanqueiro, para achegar ao público do concello e do Barbanza o seu espectáculo Lavandeiras, unha representación teatral para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. As entradas poderán adquirirse na billeteira dende unha hora antes da función.

En Lavandeiras, Vero e Santi rescatan as historias, cantos e vivencias das mulleres que lavaban nos regatos e lavadoiros.

Lavandeiras é unha viaxe emocional e sensorial polas vidas das mulleres, a súa relación co traballo, coa identidade e coa memoria. Mulleres que lavaban roupa e tamén feridas, en silencios compartidos e en cantares esquecidos. Rilo e Cribeiro propoñen un ritual escénico para tender, ao sol da xustiza poética, as historias de tantas que calaron e resistiron.

A narradora oral Vero Rilo, cunha traxectoria que comezou en 2013 tras deixar o seu labor como educadora infantil, destaca pola súa capacidade para (re)construír memoria colectiva a través da palabra, desde unha perspectiva feminista e coidada.

Acompañada pola música de Santi Cribeiro —acordeonista e compositor cunha longa carreira no eido do folk galego e membro de grupos como Berrogüetto e Os d’Abaixo—, o espectáculo mestura tradición e contemporaneidade para emocionar e reivindicar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.