Vandalizan o castro de Alobre en Vilagarcía de Arousa cunha pintada nunha vivenda castrexa

09 Marzo 2026

O xacemento arqueolóxico do Castro de Alobre, situado en Vilagarcía de Arousa, foi obxecto dun novo acto vandálico despois de que descoñecidos realizasen unha pintada no muro dunha das casas castrexas deste enclave histórico.

Este castro conta con máis de 2.000 anos de historia e estivo habitado entre o século I a. C. e o III d. C., sendo considerado a orixe da actual Vilagarcía. Ao longo das distintas campañas arqueolóxicas realizadas no lugar rexistráronse máis de 20.000 achados, de grande valor histórico, etnográfico e artístico.

TVG

A pintada realizada nun dos muros das construcións castrexas será complexa e custosa de eliminar, ao tratarse dun espazo patrimonial que require intervencións especializadas para evitar danos no material arqueolóxico.

Desde a asociación Apatrigal, dedicada á defensa do patrimonio de Galicia, atribúen este tipo de actos á ignorancia e á falta de respecto polo patrimonio histórico. A entidade subliña a importancia de educar e sensibilizar á cidadanía sobre a protección da historia e dos bens culturais.

Ademais, lembran que na contorna do castro xa se rexistraron anteriormente outros episodios de vandalismo, como danos en bancos de pedra ou mesmo en árbores da zona.

Pola súa banda, o Concello de Vilagarcía de Arousa anunciou que presentará unha denuncia para tratar de identificar ao autor ou autores das pintadas e esixir responsabilidades por este ataque ao patrimonio histórico da vila.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...