Uns 150 escolares de Ribeira mergulláronse durante esta semana no mundo do traxe tradicional galego

15 Marzo 2026

Dentro do obradoiro do traxe tradicional Cóntoche un traxe para centros educativos organizado pola Concellería de Cultura de Ribeira, uns 150 escolares do CEIP O Grupo asistiron nesta semana ao Museo Municipal para aprender máis sobre o vestiario dos nosos antepasados, símbolo da nosa
identidade. Guiados pola artista Montse Rivera, membro do coñecido grupo Leilía, coñeceron as distintas pezas e texturas do traxe feminino e masculino. O obradoiro vai acompañado de cantigas referidas ás partes do vestiario e, incluso, de ter ocasión de probar os atavíos.

Xa no remate, participan nun xogo no que deben identificar diferentes elementos distribuídos pola sala do Museo Municipal destinada ao traxe galego para probar os coñecementos adquiridos durante a sesión dunha maneira lúdica.

“O traxe tradicional galego é un dos nosos sinais de identidade e queremos achegar a historia dos mesmos aos nenos e nenas de Ribeira. Deste xeito, da man dunha artista da envergadura de Montse Rivera facemos unha viaxe no tempo para ver como se vestía no pasado, ademais dos diferentes complementos. O traxe de acotío, o de gala. Cada un ten as súas texturas, cores, ornamentación… Todo isto queremos que chegue á cativada dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Este taller dirixido aos centros educativos desenvólvese nos meses de marzo e abril. O público destinatario é a rapazada con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos. Os centros de ensinanza interesados en participar aínda poden inscribirse a través do enderezo electrónico museo@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.