Unhas 130 persoas voluntarias participaron na limpeza de parte do litoral de Corrubedo recollendo catro toneladas de lixo

09 Marzo 2026

Este domingo 8 de marzo levouse a cabo no litoral de Corrubedo unha nova xornada de voluntariado, que permitiu liberar a costa e a praia da dita parroquia de Ribeira, no tramo comprendido entre A Ladeira e O Prado, dun total de catro toneladas de refugallos entre os que destacaban a presenza de nasas, redes, plásticos e frascos de xarope.

Nesta iniciativa promovida por Grip Surf School, coa colaboración do Concello de Ribeira, participaron unhas 130 persoas que decidiron botar unha man para actuar na protección das nosas contornas marítimas; labores nos que tamén axudou Protección Civil.

Alí tamén estiveron os concelleiros do Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, e o de Medio Ambiente, Víctor Reiriz.

“Esta convocatoria tivo un grande éxito de participación para seguir avanzando na protección e conservación da nosa costa; espazo con valor medioambiental, pesqueiro e turístico. Por iso, é de agradecer esta iniciativa de Grip Surf School coa que decidimos colaborar neste importante cometido”, en palabras do edil Fernando Abraldes.

Como mostra do compromiso ambiental do Concello de Ribeira, Abraldes avanza que xa se está traballando en futuras convocatorias que porán tamén o foco nas praias do municipio “para seguir avanzando no coidado das contornas naturais e na concienciación da cidadanía. Polo de agora centrámonos nos areais ao ser lugares aos que chega moito lixo pola acción das mareas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.