Segundo informou o 112 Galicia, o aviso do accidente recibíuse uns dez minutos antes das 22:00 horas. Foi un particular quen alertou de que dous vehículos colidiran frontalmente á altura do quilómetro 81 da estrada N-550.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón e á Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención tiveron que empregar material de excarceración para liberar a unha das persoas feridas, que quedara atrapada nun dos vehículos implicados.
En total, tres persoas precisaron asistencia sanitaria, sen que polo momento trascendese a gravidade das lesións.




