“Un mundo mellor” – José Manuel Pena

17 Marzo 2026

Os cambios que está a experimentar a nosa sociedade global esixen unha revisión e unha reafirmación dos valores éticos, para garantir un desenvolvemento equilibrado. A pesar de todo os gobernos parecen ser incapaces de atopar as ferramentas que devolvan a economía das súas nacións e indirectamente a do mundo aos niveis alcanzados en décadas anteriores á crise.

Mentres tanto manifestantes de todo o mundo mostran unha crecente intolerancia aos comportamentos pouco éticos das elites gobernantes. Unha xeración educada e conectada a Internet está a sublevarse contra os abusos de poder. Aumenta a corrupción, aumentan as débedas e a inseguridade económica, continúa o cambio climático e a brecha entre ricos e pobres séguese ampliando perigosamente, poñendo en risco o crear un futuro mellor.

De acordo co Banco Mundial preto de mil millóns de persoas podían estar a vivir aínda na extrema pobreza, preto do 70% destas persoas son mulleres e a elas corresponde tamén o 64% dos 775 millóns de analfabetos que hai no mundo. Moitos cremos que un futuro e un mundo mellor claro que é posible xa que o ser humano é capaz de evolucionar e reiventarse para facer realidade as súas aspiracións. Nos nosos días o valor da vida, a dignidade e os dereitos humanos é amplamente compartido.

Durante moito tempo, demostrouse que o consumismo non proporciona o benestar desexado nin a felicidade e a época dunha crise social que se nos aveciña terá que levarnos a un mundo mellor favorecendo a Xustiza Social. Uns estudos recentes descubriron que os individuos que dedican gran cantidade de tempo ao traballo voluntario teñen unha vida máis satisfactoria e son máis felices. É bo telo en conta.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.