Todo listo este luns para a andaina Latexos de Igualdade/// Aprazada pola chuvia

09 Marzo 2026

Aviso: aprazada pola chuvia, comunicarase data definitiva en breve

Este luns 9 de marzo a veciñanza de Muros vai camiñar unida en contra da discriminación. Será grazas á andaina Latexos de Igualdade, que organiza a asociación local inclusiva ADISBISMUR: unha camiñada aberta á participación de toda a veciñanza para conmemorar o Día Internacional da Muller (este domingo 8M), coa colaboración do Concello de Muros e coa participación do IES As Insuas, IES Fontexería e CEIP Ramón de Artaza.

O punto de encontro e saída é o Pozo do Cachón, ás 11.30 horas, e a meta a praza do Concello.

Será un paseo simbólico no que alumnado, profesorado, persoas usuarias, profesionais e veciñanza camiñaremos xuntas e xuntos para facer visíbel o compromiso da vila coa igualdade.

A andaina está aberta a toda a cidadanía, así que animamos a participar a familias, asociacións e persoas de Muros e arredores. “Canta máis xente se sume, máis forte será a mensaxe”, informan dende ADISBISMUR.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...