Terio Carrera será o pregoeiro das Festas da Pascua de Padrón 2026, que contarán coa tradicional Feira Cabalar

17 Marzo 2026

O Concello de Padrón deu a coñecer dous dos principais atractivos das Festas da Pascua 2026: o nome do pregoeiro e os detalles da tradicional Feira Cabalar, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo galego.

O xornalista deportivo Terio Carrera será o encargado de pronunciar o pregón oficial, que terá lugar o vindeiro 4 de abril ás 21.00 horas na Praza de Macías. A súa elección enmárcase nun ano de especial relevancia deportiva para o municipio, que acollerá catro eventos ciclistas de primeiro nivel, consolidándose como referente galego neste ámbito.

Con máis de catro décadas de traxectoria, Carrera desenvolveu a súa carreira fundamentalmente na Radio Galega e na Televisión de Galicia, participando na cobertura de probas internacionais como o Giro de Italia, o Tour de Francia ou La Vuelta a España. Nos últimos anos mantivo unha estreita vinculación co ciclismo e coa vila, colaborando como speaker en eventos promovidos polo exciclista Ezequiel Mosquera e en probas como a Clásica de Pascua, as Rutas Xacobeas ou a etapa de La Vuelta celebrada en 2024 en Padrón.

O xornalista deportivo de TVG Terio Carrera en diferentes escenarios

Feira Cabalar o 5 de abril

No marco da programación festiva, o domingo 5 de abril celebrarase no Campo da Barca unha nova edición da Feira Cabalar da Pascua a partir das 10.00 horas, reunindo criadores, gandeiros e afeccionados ao mundo ecuestre.

O evento incluirá diversos concursos morfolóxicos, entre eles o oficial da XXV Copa Galicia de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega, así como probas para exemplares cruzados, razas pesadas —como percheróns, bretóns e hispano-bretóns— e cabalos de Pura Raza Árabe. Tamén haberá un concurso infantil de ponis para fomentar a participación da rapazada.

Como un dos pratos fortes da xornada, ás 13.00 horas terá lugar o Gran espectáculo de doma Pascua 2026, protagonizado por El hechizo de la Rosa, galardoado cunha medalla de prata no Salón Internacional do Cabalo (SICAB 2025), a cargo da compañía ecuestre La Magia del Caballo de León. O espectáculo contará tamén coa participación da sección de doma de Alta Escola de Galicia Dragóns de Santiago, pertencente á Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Desde o Concello anímase á veciñanza e ás persoas visitantes de toda Galicia a achegarse á vila para gozar dunha das celebracións máis destacadas da primavera galega.

Outros artigos

Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións...

+

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.