“Santos de distinta devoción, enxuiciados de xeito diferente” – Antón Luaces

27 Marzo 2026

Todas as treboadas habidas e por haber están a rexistrarse nesta España convulsa politicamente porque non existe na actualidade o máis mínimo desexo dun achegamento civilizado, correcto, educado entre os diferentes voceiros dos partidos políticos con representación no Congreso, no Senado ou nos distintos parlamentos das comunidades autónomas españolas. Boa proba de que é así  en de producirse este xoves por mor da intervención do ex-presidente socialista do Goberno, Felipe González, nun acto no que a presentadora de televisión Susanna Griso realizaba tal función con respecto a José Manuel Moreno Bonilla, presidente de Andalucía e candidato do PP á reelección nos comicios a celebrar no vindeiro mes de maio nesta comunidade autónoma.

Hai unha crítica evidente no seo do PSOE por esta participación de Felipe González nun acto  celebrado en Sevilla xusto cando a campaña electoral andaluza se pon en marcha, cun papel estelar para González após que este afirmara que non apoiaría a reelección de Pedro Sánchez como candidato do PSOE á presidencia do Goberno, anunciando que votaría en branco.

Entre os propios socialistas o menos malo que se dixo do ex-presidente foi cualificalo de “traidor”, ao entenderen que participar nese acto constituía un apoio expreso á candidatura de Moreno Bonilla na súa campaña en Andalucía, a terra de González e de Bonilla.

Un, con moitos anos de exercicio xornalístico ás costas, garda na súa mochila persoal aquela ocasión na que Manuel Fraga Iribarne presentou no Club Siglo XXI de Madrid a Santiago Carrillo. Foi o 27 de outubro de 1977, nun acto histórico durante a Transición española. Un evento no que Fraga, líder de Alianza Popular (AP), introduciu ao líder do Partido Comunista de España (PCE), marcando todo un fito na normalización política após a legalización do PCE.

A conferencia celebrouse poucos meses dempois da legalización do PCE e nun clima de grande expectación e foi considerada un “cara a cara” simbólico entre dúas figuras opostas do espectro político, representando  o diálogo e o consenso na nacente democracia española.

Malia a sorpresa inicial que representou, Fraga aceptou presentar ao líder comunista. Carrillo falou sobre “Eurocomunismo e Estado”. Entre os socios máis dereitistas do Club Siglo XXI houbo non poucas dimisións. Descoñezo se houbo algunha no PSOE a respecto da actuación de Felipe González este xoves. Pero resulta moi chamativa a acollida que tivo en España aquel encontro entre dúas persoas teoricamente irreconciliábeis e a que se deu case 50 anos despois a un González que dixo seguir a ser socialista aínda que non vote a Pedro Sánchez. O que mudan os tempos!.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.