Santiago lembra a Valle-Inclán coa tradicional colocación dunha bufanda na súa estatua da Alameda

14 Marzo 2026

A cidade de Santiago de Compostela acolleu o acto simbólico de lembranza ao escritor Ramón María del Valle-Inclán coa colocación dunha bufanda na súa estatua situada no Paseo dos Leóns da Alameda de Santiago de Compostela.

A iniciativa, organizada pola Fundación Granell coa colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, busca reforzar o vínculo entre o escritor e a cidade, asumida como un dos escenarios centrais do seu imaxinario literario.

Esta iniciativa, que se repite anualmente, pretende render homenaxe á figura e ao legado literario do autor galego, estreitamente vinculado á cultura e á historia de Galicia. A colocación da bufanda na estatua constitúe un xesto simbólico que busca manter viva a memoria dun dos escritores máis destacados da literatura española.

Durante o acto realizouse a lectura de fragmentos da súa obra, nun espazo tan emblemático da cidade como é a Alameda compostelá.

Os organizadores destacan que Santiago de Compostela, coa súa riqueza histórica e cultural, foi descrita polo propio autor como a “Rosa Mística de Pedra”, unha imaxe que reflicte a singularidade da cidade e o seu profundo valor simbólico dentro da cultura galega. A homenaxe busca así lembrar non só ao escritor, senón tamén a súa relación coa capital galega e coa tradición literaria do país.

Esta cita, que se mantén ininterrompidamente desde hai 19 anos, fortalece os lazos entre as entidades museísticas de Santiago e A Pobra do Caramiñal, lugares con gran significación biográfica e creativa para Valle-Inclán. Alfonso Daniel R. Castelao xa cualificaba a este escritor como o mellor artista de Galicia.

A data do acto non é casual, pois marca a efeméride da última visita de Valle-Inclán a Galicia. O 7 de marzo de 1935 chegaba en ferrocarril á estación de Cornes, onde foi recibido por un grupo de xoves simpatizantes e vellas amizades. Alí comezou a súa derradeira estadía en Santiago, instalándose no Hotel Compostela antes de ser ingresado no sanatorio do doutor Villar Iglesias, onde o agravamento da súa doenza levaría ao seu falecemento o 5 de xaneiro de 1936. Foi soterrado no cemiterio de Boisaca baixo unha lousa rústica traídade dende O Barbanza. (Luís Pérez Crujeiras)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.