Ribeira proclama aos campións e campioas galegos de ILCA

30 Marzo 2026

Juan Caballero (texto e fotos). Finalizou en Ribeira o Campionato Galego de ILCA que desde o pasado sábado 28 de marzo e ata este luns 30, organizou o Club Náutico Deportivo, por concesión da Real Federación Galega de Vela e grazas ao patrocinio do seu Concello, FRINSA del Noroeste, CONGALSA e GADIS e a colaboración de A Poutada, Álvarez Riveira, Cruz Vermella e Protección Civil.

Completáronse as 9 mangas do programa deportivo, non só grazas ao esforzo do Comité senón tamén ao do cerca do centenar de participantes que representaron a unha quincena de entidades sociais e deportivas de toda Galicia.

Neste último día non fallaron os favoritos, que vixiaron moi ben a súa retagarda sabedores do que tiñan en xogo. Así, en ILCA ILCA 4 Sub16 Masculino proclamábase Campión Galego o regatista do Club Náutico Deportivo de Ribeira, Daniel Iglesias, seguido por Roque González, do Real Club Náutico de Vigo e de Eros Ferreira, no bronce, do Monte Real Club de Iates de Baiona.

En Sub16 Feminino, título galego para Antía Meilán, coa prata para Maeve Rey e o terceiro banzo para Amara Ventoso, as tres do club convocante de Ribeira.

En Sub18 Feminino, proclamouse campioa galega Sofía Soliño, do Real Club Náutico Rodeira de Cangas, seguida por Ana Costas, do Náutico de Vigo, e por Alexandra Lis, tamén do club de Cangas.

Respecto aos Sub18 Masculino do ILCA 4, Campión Galego Alejandro Pérez, do Real Club Náutico de Vigo, ao que lle seguiu na segunda praza Jaime Díaz, do Marina Coruña, pechando o caixón Daniel Iglesias, do Club Náutico Deportivo de Ribeira.

Lucía Vaquerizo

Na categoría dos ILCA 6 Feminino, triunfo de Lucía Vaquerizo, do Real Club Náutico de Sanxenxo, coa prata para Marta Cora, do Real Club Náutico da Coruña, sendo o bronce para Candela Asensio, do Real Club Náutico Portosín.

En ILCA 6 Masculino levou o triunfo un dos grandes favoritos deste campionato, o ribeirense Bruno Iglesias, do Club Náutico e Deportivo, vixente campión da Copa de España. A segunda e terceira praza foi para os irmáns Rey Sherevera, Ramón e Miguel, respectivamente, ambos os do Real Club Náutico de Vigo.

A entrega de premios estivo presidida pola alcaldesa da localidade, Mariola Sampedro, con Ramiro Carregal, José Luis Torres Colomer, presidente do Club; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; Isabel Cañas, de CONGALSA; Luis Vázquez, de GADIS; Ángeles Cores, presidenta de Cruz Vermella; Alex Vidal, concelleiro de Deportes; Puri Cores, presidenta das Amas de Casa de Ribeira; e boa parte da Xunta Directiva do Club.

Bruno Iglesias recibindo a distinción

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...