Ribeira pon en marcha “Por fin é finde”, un novo espazo de lecer saudábel para a mocidade na Casa da Xuventude

04 Marzo 2026

A Concellería de Xuventude do Concello de Ribeira vén de poñer en marcha o proxecto Por fin é finde, unha nova iniciativa destinada á mocidade do municipio a partir dos 12 anos que transforma a Casa da Xuventude nun espazo dinámico de encontro, formación e lecer saudable durante as fins de semana. O centro abrirá todos os sábados en horario de 17:00 a 20:00 horas, ofrecendo unha programación variada que combina actividades formativas, propostas creativas e espazos de esparexemento libre, sempre baixo a supervisión de profesionais.

Entre as actividades previstas inclúense obradoiros creativos como repostaría e customización, torneos de eSports e videoconsolas, concertos en directo, karaoke ou festas temáticas, así como propostas de formación vinculadas ao monitorado de ocio e tempo libre, organización de viaxes e roteiros.

O proxecto baséase nunha metodoloxía de participación activa, onde a mocidade non só participa senón que tamén propón contidos, fomentando a autoxestión e a aprendizaxe experiencial. Ademais, ao tratarse dun servizo gratuíto e sen inscrición obrigatoria para o uso do espazo, elimínanse barreiras de acceso e favorécese a integración de mozas e mozos de diferentes contornas.

A iniciativa comezou o pasado 28 de febreiro co Curso Oficial de Monitorado de Tempo Libre e, a partir do primeiro sábado de marzo, abrirase plenamente a toda a mocidade de Ribeira.Dende o Concello destacan que Por fin é finde supón un paso máis na consolidación da Casa da Xuventude como referente de participación e dinamización xuvenil no municipio, ofrecendo alternativas de lecer saudábel que contribúan á prevención de condutas de risco e ao fortalecemento da vida xuvenil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.