Ribeira impulsa melloras e nova oferta para a Casa da Xuventude

26 Marzo 2026

O Concello de Ribeira traballa en reforzar as prestacións e a programación da Casa da Xuventude co obxectivo de convertela nun espazo de referencia para a mocidade.

A alcaldesa, María Sampedro, e a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, mantiveron unha reunión coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, para analizar posibles vías de colaboración coa Xunta de Galicia.

O encontro centrouse tanto no estado da infraestrutura como na ampliación das actividades que acolle este espazo. Neste sentido, o Concello xa levou a cabo a comezos de ano actuacións de acondicionamento no edificio e prevé continuar mellorando as instalacións para ofrecer un lugar de encontro máis atractivo para a xuventude.

Ademais, desde o goberno local apostan por ampliar a programación de lecer. Entre as iniciativas recentes destaca o programa Por fin é finde, que se desenvolve os sábados pola tarde e inclúe propostas formativas e creativas como talleres, xogos ou actividades de entretemento.

O obxectivo, segundo o executivo municipal, é consolidar a Casa da Xuventude como un espazo dinámico que combine formación, convivencia e ocio saudable para a mocidade ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.