Rianxo aproba uns orzamentos de preto de 12,145 millóns de euros, os máis elevados da súa historia

29 Marzo 2026

O pleno da Corporación de Rianxo aprobou esta semana, cos votos a favor do Goberno e do Partido Popular, a proposta de orzamento para o exercicio 2026 que ascende a 12.144.746,94 millóns de euros.

Trátase do orzamento máis elevado da historia de Rianxo, “o que supón un incremento de máis do 30% con respecto ás contas do ano 2024”, destacou o alcalde Julián Bustelo, engadindo que estamos ante unhas contas “que demostran a capacidade de xestión do Goberno e que prioriza aqueles eixes de actuación nos que vimos impulsando durante estes tres anos de Goberno, poñendo foco ademais en proxectos de futuro que mellorarán a vida dos rianxeiros e das rianxeiras”.

O rexedor debullou os días pasados algúns dos detalles principais das contas:

-Consígnanse 300.000€ para aprobar e aplicar a primeira RPT do Concello de Rianxo.

-Darase prioridade ao mantemento e mellora de infraestruturas municipais, dende accesos a núcleos ata zonas verdes. Prevense importantes investimentos en dotación de novos servizos que axiña serán detallados polo Executivo.

-Consolidaranse os servizos de conciliación dando continuidade ás axudas ás asociacións de nais e pais (anpas) creadas o ano pasado e incrementándose o importe para as axudas destinadas á adquisición de material escolar.

-Consolídanse tamén as axudas para fomentar a apertura de novos comercios e mantense o apoio comprometido no 2025 coa Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.

-Increméntase tamén o importe destinado ás axudas a clubs e entidades deportivas do municipio logo de asentar o novo modelo por concorrencia competitiva.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.