Rianxo acolle a presentación do novo espectáculo familiar “Coralinda” de Elefante Elegante

20 Marzo 2026
J
ulio Alcalde Hermo (concelleiro de Educación e Cultura de Rianxo); Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); Penélope López Díaz (concelleira de Cultura do Concello de Culleredo); María Torres e Gonçalo Guerreiro cCreadores e codirectores da compañía Elefante Elegante) © Vanessa Rabade

A compañía Elefante Elegante presentou este venres 20 de marzo, no Auditorio de Rianxo, o seu novo espectáculo infantil e familiar Coralinda, que se estreará en Galicia este sábado, 21 de marzo, ás 19:00 horas no mesmo espazo.

No acto participaron a propia compañía (da man das súas persoas creadoras, María Torres e Gonçalo Guerreiro, xunto ao elenco da obra, Sofía Espiñeira e Pablo Sánchez), acompañados por Penelope López Díaz, concelleira de Cultura do Concello de Culleredo; Cristina Pardo Portos, primeira tenente de alcalde do Concello de Culleredo; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e Julio Alcalde Hermo, concelleiro de Educación e Cultura de Rianxo.

Durante o acto, a compañía amosou algunhas escenas da peza e compartiu as claves dunha proposta escénica que aborda a inmigración e o medo ao diferente a través do humor, a emoción e unha potente linguaxe visual.

Dirixida a público a partir dos 3 anos, Coralinda inspírase no universo dos debuxos animados para construír unha comedia xestual sen palabras, accesíbel e universal, que convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que se ven obrigadas a deixar o seu fogar na procura dun lugar mellor.

Sobre o espectáculo

Nun lugar cincento, vive un señor todo vestido de cincento que manipula unha serie de caixas… cincentas. Un día, chega unha muller. Ven cantando e bailando alegremente. Trae un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. Así que ve ao señor, diríxese a el. Pero este, desconfiado ante expresividade dos xestos dela e o volume da súa música, constrúe un enorme muro que lle impide entrar. Ela tenta dicirlle que as súas intencións son pacíficas e amigábeis, pero o señor amósase indispoñíbel a comunicar coa visitante. Será que estas dúas persoas, aparentemente tan opostas serán quen de construír un lugar diferente, onde collan moitas máis cores e máis persoas?

O espectáculo aborda a temática da inmigración e do medo ao que é diferente a través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O proxecto conta coa subvención da AGADIC – Xunta de Galicia e está coproducido polo Concello de Culleredo e por Trigo Limpo Teatro Acert. Colaboran ademais o Concello de Carral e o Concello de Rianxo.

PASE GRÁFICO E ROLDA DE PRENSA

Venres 20 de marzo ás 10h00

Auditorio Municipal de Rianxo

FUNCIÓN DE ‘CORALINDA’, DE ELEFANTE ELEGANTE

Sáabado 21 de marzo ás 19h00

Auditorio Municipal de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.