Renatur_Outes mostra na UVigo o seu modelo de recuperación do río Tins, transferíbel a toda Galicia

06 Marzo 2026

Vigo converteuse na mañá deste venres 6 de marzo no punto de encontro entre comunidade científica, administración local, entidades e cidadanía coa presentación dos resultados finais do proxecto Renatur_Outes.

Baixo o título O río Tins como laboratorio de sustentabilidade, a xornada celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e contou coa presenza institucional da Decana da Facultade, Mercedes Gallardo, e do secretario do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, Castor Muñoz.

O proxecto, coordinado pola Fundación CEER e no que participou persoal investigador das tres universidades públicas galegas, o Concello de Outes e a Fundación Montescola, naceu co obxectivo de devolverlle ao río Tins o seu carácter natural, mellorar o bosque de ribeira e promover a biodiversidade da súa contorna.

Durante a sesión destacouse que a recuperación do río foi guiada por criterios técnicos rigorosos e acompañada dun intenso proceso de implicación social, convertendo o Tins nun exemplo transferible para outros territorios. Nesa liña, María Rodríguez, técnica da Fundación CEER e coordinadora do proxecto Renatur_Outes, destacou que “o río Tins é hoxe un exemplo de como a colaboración e a participación social poden xerar un impacto real, medible e sostible no tempo”.

Ao longo destes anos, o proxecto acadou avances significativos:

-Máis de 20.000 m2 de áreas verdes creadas ou restauradas.

-2 quilómetros de curso fluvial restaurados.

-Máis de 4 km de río limpo.

-300 m2 de illas de biodiversidade xeradas.

-Máis de 600 persoas participantes en accións de voluntariado ambiental.

Máis de 800 persoas implicadas en procesos de gobernanza e participación social.

Recuperación Ecolóxica e eliminación de invasoras

Na xornada presentáronse os avances en materia de biodiversidade e ecoloxía e analizáronse as diversas actuacións realizadas para a mellora da conectividade do leito fluvial, recuperación do bosque de ribeira e o control de especies invasoras como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia.

Estas accións permitiron reducir a presión das invasoras e favorecer a rexeneración da vexetación autóctona de ribeira.

Participación cidadá e voluntariado

Durante a sesión abordouse tamén a dimensión social do proxecto. Ao longo destes anos organizáronse numerosas xornadas de voluntariado, actividades de educación ambiental e sesións de gobernanza para implicar á propia veciñanza de Outes.

Máis de 600 persoas participaron directamente en accións de voluntariado, mentres que máis de 800 tomaron parte en procesos de gobernanza e diálogo social vinculados á transformación do río. “Esa participación foi fundamental para establecer prioridades e poder axustar as intervencións á realidade social do concello”, explicaron os responsábeis do proxecto.

Vindeira xornada

A xornada celebrada este venres 6 de marzo enmárcase nun ciclo que comezou a pasada semana na Universidade de Santiago de Compostela e que culminará o vindeiro 13 de marzo na Universidade da Coruña.

Entidades impulsoras

Coordinado pola Fundación CEER e liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña, e a Fundación Montescola, co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.