Remata marzo con tempo estable e con lixeiro ascenso térmico. Semana Santa seca e soleada

30 Marzo 2026

A situación meteorolóxica apenas sufrirá cambios este martes nas Rías Baixas e Santiago de Compostela, que continuarán baixo a influencia das altas presións e con ventos do nordés.

Os ceos presentaranse pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que poderán formarse bancos de néboa nas primeiras horas do día en zonas do interior. Ademais, no terzo norte espéranse nubes baixas durante a mañá.

No que respecta ás temperaturas, experimentarán un lixeiro ascenso, mantendo un ambiente agradable para esta época do ano.(18 a 22 graos).

O vento soprará de compoñente nordés con intensidade moderada, consolidando a estabilidade atmosférica na maior parte do territorio.

meteogalicia

O noso mar; vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...