“Relixiosos de Estados Unidos rezan na Casa Branca pola victoria de Donald Trump” – Antón Luaces

07 Marzo 2026

Coas mans nos ombreiros, semellaban unha cadea de cregos. Pastores evanxélicos e líderes relixiosos rezaron o xoves na Casa Branca -co presidente estadounidense sentado no medio- pola vitoria de Donald Trump en  Irán. En plena ofensiva militar contra este país, o presidente Trump e os representantes evanxélicos oraron e pediron protección nun acto máis a prol da política que leva a cabo a Administración republicana.

A imaxe, difundida por todos os medios de comunicación, era a estampa mesma do que podería ser un acto de imploración na época medieval, cando a mediación celestial era máis que necesaria para resolver de vez calquera enfrontamento. Máis aínda nun tempo no que o deus de cada quen estaba presente en circunstancias semellantes. Neste caso, as imaxes servidas pola televisión semellaban loas ao poderoso cabaleiro Trump, aparentemente subsumido na dor dunha acción da que Estados Unidos e Israel son os únicos culpábeis.

O xornalista israelí Alon Mizrahi pouco caso fai destes rezos e manifesta a súa convicción  de que Irán acadou espallar o seu dominio militar na rexión, polo que conclúe que “cando todo isto remate, Estados Unidos xamais voltará a Asia Occidental”.

Afirma Mizrahi que estamos a presenciar un feito histórico: “Irán, para sorpresa de todos, está destruíndo as bases estadounidenses de xeito tan exhaustivo , a tan grande escala e de forma tan decisiva que o mundo non está preparado para elo”.

Segundo as súas jnformacións, Irán acadou en catro días espallar o seu dominio militar na rexión. Levouse por diante as bases militares, as propiedades e o equipo máis valioso e custoso do mundo. 

“As bases estadounidenses en Baréin, Kuwait, Catar e Arabia Saudita atópanse entre as instalacións militares máis grandes do mundo. A súa construción custou billóns de dólares durante varias décadas”. 

Refírese o xornalista israelí ao feito de que a maior parte do gasto militar realizado durante máis de 30 anos esfumouse: radares que custan  centos de millóns de dólares cada en seu, foron destruídos nun instante, hai bases militares enteiras abandonadas, incendiadas, saqueadas e destruídas. 

Engade Mizrahi que Estados Unidos nunca sufriu tanta destrución en toda a súa historia, agás no caso de Pearl Harbour (que só foi un ataque). Ningún inimigo nunha guerra convencional fixo isto ás forzas militares estadounidenses, como o está a facer Irán agora mesmo. “A situación militar é tan grave, afirma o xornalista citado, que a censura bloquea case que toda a información nova sobre esta guerra”.

Os iranís levan décadas preparándose para isto.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.