“O que menos necesita o mundo son máis guerras” – Antón Luaces

06 Marzo 2026

Israel acusa a España de “xogar un xogo raro e incomprensíbel, incumprindo as súas obrigas no marco da OTAN”. Nada di da súa irresponsabilidade no incumprimento do Dereito Internacional.

Donald Trump, presidente estadounidense, coida que España “é unha perdedora, son moi hostís. Non  son bos compañeiros,  e nós tampouco imos selo con eles”. É o que temos: interpretacións e guerras ilegais que só provocan máis dor e desprazamentos forzosos, porque na realidade as guerras non fan outra cousa que causar máis mortes, máis dor e desprazamentos forzados cada día, cada hora.

A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) entende que os ataques de Israel e Estados Unidos contra Irán constitúen unha grave vulneración do dereito internacional e que están a provocar unha escalada bélica de consecuencias que poden ser devastadoras para millóns de persoas.

Moitos milleiros delas xa tiveron que abandonar os seus fogares e máis de mil, entre elas 165 nenas que se atopaban na súa escola. Unha masacre inxustificábel.

A resposta de Irán, atacando países veciños, tamén causou máis vítimas civís e máis inestabilidade na rexión. E mentres tanto, a situación en Líbano é cada vez máis preocupante: Israel rompe por enésima vez o acordo de tregua, acabando coa vida de ao menos 72 persoas e provocando máis de 80.000 desprazamentos forzosos. Isto ten que rematar. O que o mundo necesita, agora e sempre, é poder vivir en paz.

Respectar o dereito internacional e adoptar un acordo de alto o fogo incondicional de todas as partes é o que se precisa.  

Certamente, e como dixera en 2015 o tristemente desaparecido José Mujica, “o mundo sabe que necesitamos acordos que involucren a todo o planeta. Aínda que temos os recursos para todo, non acadamos facelo realidade”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.