O proxecto Renatur_Outes celebra este venres a súa xornada final de presentación de resultados

23 Marzo 2026

Tras tres anos de traballo, investigación e colaboración o proxecto Renatur_Outes chega ao seu peche. Será este vindeiro 27 de marzo, cunha xuntanza das entidades organizadoras e das persoas participantes para compartir os resultados coa veciñanza, coñecer de preto os cambios no río Tins e seguir abrindo conversa sobre o seu futuro. A cita levarase a cabo no Auditorio da Casa da Cultura de Outes, a partir das 16.00 horas.

Programa da xornada

16.00 h — Café de benvida

16.30 h — Apertura institucional

17.00 h — Inauguración dos novos paneis divulgativos e do bosque comestible

18.30 h — Sesión de Gobernanza e resultados

19.30 h — Peche con petiscos e agasallos

O proxecto Renatur_Outes, coordinado pola Fundación CEER e no que participou persoal investigador das tres universidades públicas galegas, o Concello de Outes e a Fundación Montescola, naceu co obxectivo de devolverlle ao río Tins o seu carácter natural, mellorar o bosque de ribeira e promover a biodiversidade da súa contorna.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.