O Polígono da Tomada inicia o procedemento para constituírse como ECOXEM con vistas a optimizar a súa xestión

27 Marzo 2026

A Asemblea Xeral Ordinaria da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Tomada, celebrada na mañá deste 27 de marzo nas instalacións do Concello da Pobra do Caramiñal, aprobou a constitución da área empresarial como ECOXEM, unha figura de xestión pioneira na comunidade autónoma e prevista na Lei 3/2022 de Áreas Empresariais de Galicia. En palabras das persoas participantes foi “unha decisión que lle permitirá ao complexo industrial optimizar a súa xestión e defender máis eficazmente os seus intereses”.

Engadiron que as ECOXEM son entidades de dereito público sen ánimo de lucro que permiten mellorar o funcionamento, a sustentabilidade e a competitividade dos parques empresariais, ademais de facilitar o acceso a novas vías de financiamento para impulsar servizos e novos equipamentos ou asumir a xestión de determinadas infraestruturas públicas.

Durante a reunión, a Xunta Directiva presentou aos asociados o balance de xestión do último exercicio e as principais liñas de traballo para o próximo período. Entre elas, destaca a conversión do polígono en ECOXEM, unha medida que lle posibilitará participar en iniciativas conxuntas de mellora de servizos, sustentabilidade, dixitalización e eficiencia na xestión das súas infraestruturas, así como acceder a programas de formación, asesoramento técnico e proxectos colaborativos con outros parques empresariais de Galicia.

A presidenta da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Tomada, Isabel Cañas, subliñou a importancia deste paso para o desenvolvemento da área empresarial. “Supón unha oportunidade para seguir avanzando na mellora do polígono, permitíndonos acceder a novas ferramentas de xestión e reforzar a nosa interlocución coas administracións”, asegurou. Neste sentido, Cañas reiterou a vontade da Xunta Directiva por continuar traballando para mellorar os servizos e a contorna empresarial do Polígono da Tomada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.