O nordeste manda na Ría de Arousa e impulsa unha intensa segunda xornada do Galego de ILCA

29 Marzo 2026

O Campionato Galego de ILCA viviu este domingo unha segunda xornada marcada pola intensidade do vento do nordeste na Ría de Arousa, permitindo a disputa de catro novas mangas que elevan a seis o total de probas completadas na competición.

A cita, organizada polo “Club Náutico Deportivo de Riveira” baixo a supervisión da Real Federación Galega de Vela, avanza así co programa practicamente ao día, incluíndo xa o descarte do peor resultado.

Foto Juan Caballero

Aínda que a xornada comezou cunha espera en terra de preto de dúas horas debido á forza do vento nas inmediacións do club, finalmente as condicións permitiron ofrecer un gran espectáculo na auga.

En ILCA 4 masculino produciuse o único cambio no alto da clasificación. O novo líder é Alejandro Pérez, que toma o relevo de Jaime Díaz, agora segundo a dous puntos. A terceira praza pasa a ocupala Daniel Iglesias, mentres que Manuel Pérez cae á cuarta posición.

En categoría feminina de ILCA 4, Sofía Soliño consolida o seu liderado con 33 puntos, seguida por Ana Costas e Alexandra Lis.

En ILCA 6 masculino, o dominio segue sendo claro para o regatista local Bruno Iglesias, que lidera con 7 puntos tras xestionar a xornada con intelixencia para evitar riscos innecesarios. Séguenlle Miguel Rey e Ramón Rey, ambos empatados a 12 puntos.

En ILCA 6 feminino, Lucía Vaquerizo mantén o liderado con 58 puntos. A segunda posición é para Candela Asensio, mentres que Marta Cora ocupa a terceira praza.

Pola súa banda, en ILCA 7 continúa á fronte Carlos González, con 9 puntos, seguido moi de preto por Javier Isidro, a só un punto. Completa o podio provisional Roque Vello, con 16 puntos.

O campionato concluirá este luns coa disputa da última xornada e a posterior entrega de premios, prevista para as 17:30 horas, coa presenza da alcaldesa de Concello de Ribeira, María Sampedro; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; e o presidente do club organizador, José Luís Torres Colomer, entre outras autoridades e representantes institucionais.

Bruno Iglesias. Fotos Juan Caballero

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...